galego | castellano | english 

Selección por provincia

· A CORUÑA
· LUGO
· OURENSE
· PONTEVEDRA

Selección por sector

O Sistema Galego de Museos está integrado por museos, propiamente ditos, e coleccións visitables, de diversas titularidades e tipoloxías, que constitúen unha estructura organizativa cuxos obxectivos son a cooperación e coordinación entre os centros para un eficaz servicio á sociedade.

A Consellería de Cultura coordina o Sistema e é quen autoriza a creación dun museo ou colección visitable dentro da Comunidade Autónoma Galega.

Os museos como centros de conservación, investigación e educación son institucións de carácter permanente, abertas ó público e sen finalidade de lucro, orientadas á promoción e ó desenvolvemento cultural da sociedade, por medio do acopio, documentación, conservación, investigación, difusión e exhibición de xeito científico e didáctico de conxuntos e coleccións de bens patrimoniais de carácter cultural que constitúen testemuñas das actividades do home e do seu contorno natural, con fins de estudio, educación, desfrute e promoción científica e cultural.

As coleccións visitables son os centros que non reúnen tódalas características e condicións dos museos, pero garantizan a custodia e conservación dos fondos e a visita pública e o acceso ós investigadores mediante un horario accesible e regular.

Esta web pretende ser un medio de difusión dos museos e coleccións visitables recoñecidos pola Xunta de Galicia e amosa-los usuarios unha visión global destos centros na nosa Comunidade.