|
Horario: Verán: de martes a sábado: 10,30-14 h. e 16,30-20 h. Inverno: de martes a sábado: 10,30-14 h. e 15,30-18 h. Pago: Tarifa gratuíta Tipo de acceso: Libre Prezo: Gratuíta |
As Reais Fábricas de Sargadelos son declaradas Conxunto histórico artístico en 1972. Estas fábricas foron nos seus inicios a primeira siderurxia integral de España, creadas polo Marqués de Sargadelos, Antonio Raimundez Ibáñez a finais do século XVIII. Dela saíron armas e municións para a Armada Española, e obxectos civís, convivindo no século XIX cunha innovadora fábrica de louza que introduciu en España formas e decoracións ata entón ligadas ás pezas de orixe inglesa. A producción das Reais fábricas cesou no ano 1875. Do antigo conxunto consérvanse restos dos altos fornos, da presa e do canle, convertidos no fermoso paseo dos namorados, o pazo do Marqués, así como o edificio que alberga o Museo, a casa da administración. Tanto o Museo, no que se pode contemplar a evolución na producción das Reais Fábricas de Sargadelos, como o resto do conxunto supoñen un percorrido pola historia industrial galega máis sobresaínte.