galego | castellano | english 
  Buscar

MUSEO DE HISTORIA NATURAL 'LUIS IGLESIAS'
Horario:
Visitas en grupo (previa cita) luns a venres: 9-13 e 16-19 h. Visitas particulares: luns a venres: 10-13 e 17-19 h.
Pago:
Tarifa gratuíta
Tipo de acceso:
Libre/guiada
Prezo:
Gratuíta
http://www.usc.es/museohn/
museohn@usc.es

 


Continuador do Gabinete de Historia Natural, creado por Antonio Casares na Universidade de Santiago de Compostela durante o curso 1840-41, o museo de Historia Natural é o conxunto de patrimonio histórico científico máis importante de Galicia. Ó núcleo orixinario sumáronse adquisicións, doazóns e intercambios con outras institucións. O principal impulsor do museo e o seu director desde 1932, foi o catedrático de Bioloxía Xeral da facultade de Ciencias Naturais don Luís Iglesias.
A través das coleccións deste museo dividido en tres seccións: zooloxía, xeoloxía e botánica pode facerse un percorrido polo labor dos máis sobranceiros científicos galegos do século XIX e XX, e pola investigación actual da Universidade.

A sección de zooloxía ocupa tres salas , a primeira dedicada a fauna exótica contén espécimes de distintos lugares do mundo como o pangolín da India, ou o canguro e o kiwi de Australia. Na segunda sala úsanse dioramas para explicar a fauna de Galicia, neles  represéntanse as especies nos seus hábitats; outra parte dedicada á fauna europea máis común e tamén unha mostra dos instrumentos científicos usados na investigación da Bioloxía. Terceira sala dedícase á zooloxía mariña.

A  sala dedicada a botánica presenta diversos exemplos da investigación taxonómica. É o caso do herbario pedagóxico de Galicia feito por Baltasar Merino ou a micoteca por César Sobrado Maestro. Complétase a sección de botánica cunha mostra de figuras clásticas e modelos utilizados no ensino da botánica.

Na sección de xeoloxía poden verse coleccións como a de modelos cristalográficos de Haüy, a de minerais e rochas de José Viqueira.

 

 

 

 

OUTROS DATOS
Enderezo

Facultade de Ciencias Químicas. Campus Universitario. Av. das Ciencias s/n.  
15706
Santiago de Compostela
Tlf : 981593589
Fax : 981595012
Museos e coleccións visitables

Museo de Historia Natural 'Luis Iglesias'