O Pazo Museo de Otrero Pedrayo esta situado no lugar de Cima de Vila na parroquia de Trasalba no Concello de Amoeiro, Ourense. Neste lugar a Fundación Otero Pedrayo garda a memoria do que foi patriarca das Letras Galegas.
Ramón Otero Pedrayo (Ourense 1888 -1976) foi un personaxe principal na vida cultural e política galega durante toda a súa vida adulta. Escritor, profesor, político e editor traballou coa idea de alentar a cultura e o pais galego. Formou parte de grandes iniciativas institucionais para o desenvolvemento cultural galego coma o Partido galeguista, o Seminario de Estudios galegos, a Editorial Galaxia , institucións que aínda hoxe son referentes de traballo e coñecemento.
Na visita ó Museo pódense contemplar obxectos persoais do escritor, mobiliario e a súa biblioteca , así como a estructura tradicional dun pazo galego de principios do século XX. Os fondos están conformados a partires do legado que fixo en vida Don Ramón Otero Pedrayo a GALAXIA, das propiedades en Trasalba, incluíndo o pazo e as propiedades anexas.
Os moitos accesos, debidamente sinalizados, e a situación do Pazo-Museo, permiten gozar dunhas fermosas paisaxes da Galicia interior.