|
Horario: Luns a sábado: 10:00 - 13,30 horas e 16:00 - 19:00 horas. Domingos e festivos pechado Pago: Tarifa completa, reducida e gratuíta Tipo de acceso: Libre Prezo: 1 € |
Creado en 1957 foi instalado no claustro gótico da Catedral de Ourense (Século XIII). Os fondos que custodia pertencen a épocas diversas, pódense agrupar en: obxectos litúrxicos (cálices, bandexas, ...); o tesouro de San Rosendo procedente do Mosteiro de Celanova; vestimentas litúrxicas; e finalmente escultura e pintura relixiosa.
De entre tódalas pezas destacan fundamentalmente: a arqueta de Santa Eufemia, o Misal Auriense (datado en 1494 o que lle supón ser considerado como o primeiro libro impreso en Galicia), a Cruz procesional atribuída a Enrique Arfe, e unha serie de esmaltes de Limoxes que pertenceron a unha arqueta do século XII.