O museo de Belas Artes da Coruña ten a súa sede nun edificio, deseñado polo arquitecto Manuel Gallego Jorreto, e situado no antigo solar do Convento das Capuchinas. Nel únense a rehabilitación dunha parte do antigo convento coa nova planta, dispoñendo de espacios para distintas actividades, como talleres, exposicións temporais, salón de actos e tenda.
No foro de acollida do Museo hai unha representación de pintura e escultura galega.
A exposición no edificio de nova planta repártese en seis salas distribuídas en tres pisos, con ascenso en orde cronolóxica, desde o século XVI ata o XX. Unha parte importante da colección é a dedicada os séculos XIX e XX en Galicia, cunha representación de tódolos movementos significativos da pintura galega.
En dúas salas do antigo convento expóñense gravados de Francisco de Goya e a colección de louza da Real Fábrica de Sargadelos.
O Museo ten unha programación de exposicións temporais e actividades destinadas a tódolos públicos para facer máis activa a vida do museo e facilitar a comprensión dos seus contidos.