|
Horario: Inverno: 9,30 - 13,30 h. / 16 - 19 h. Verán: 9,30 - 14 h./ 16 - 20 h. Pago: Tarifa completa, reducida e gratuíta Tipo de acceso: Libre/guiada Prezo: 1,40 € |
No ano 1947 créase o Padroado Rosalía de Castro co fin de recupera-la Casa da Matanza. Esta foi restaurada no ano 1971 e na actualidade é propietaria da mesma a Fundación Rosalía de Castro, que continúa a labor que comezara o Padroado. Entre os obxectivos primordiais da Fundación están o coñecemento da figura e obra da escritora ó mesmo tempo que difundi-la do seu marido, o historiador Manuel Murguía, ademais de encargarse da conservación da Casa-Museo e do Panteón da escritora situado na Igrexa de San Domingo de Bonaval en Santiago.
Dedicada ó recordo de Rosalía de Castro, esta casa na que viviu co seu marido e os seus fillos e na que morreu en 1837, está rodeada dun espacio verde que naqueles tempos era unha horta e hoxe é unha recreación dun xardín da época. O interior está composto por dúas plantas, sendo a planta baixa a destinada a recepción e un acercamento á importancia literaria da figura da escritora. A primeira planta, denominada O Seu, é unha recreación ambiental dunha casa rural da época, entre labrega e fidalga, cunha cociña, o comedor, dous dormitorios e unha biblioteca. Tamén poden verse dúas vitrinas con distintas edicións das súas obras e unha gran variedade de obxectos que son testemuño da importancia da súa figura.