http://www.allariz.com
cultura@allariz.com
Situado na planta baixa do Pazo do Antigo Xulgado, naceu a partir da doazón ó Concello dunha importante colección de xoguetes recompilada durante anos por Alberto Oro Claro, un veciño da vila. A visita inclúe un percorrido polos xoguetes e xogos de distintas épocas, abranguendo fundamentalmente dende os primeiros anos do século XX ata a década dos anos setenta ilustrada por máis de 700 pezas orixinais.