|
Horario: De 11 a 21 h. Martes e festivos: pechado Domingos: 11-14 h. Pago: Tarifa completa, reducida e gratuíta Tipo de acceso: Libre Prezo: 1,80 |
A Fundación Museo Eugenio Granell atópase no Pazo de Bendaña, un dos edificios máis emblemáticos do centro histórico de Santiago e exemplo da arquitectura civil de mediados do século XVIII. Situado na Praza do Toural é un edificio destacado da arquitectura barroca compostelá, obra de Vicente Sarela. Na fachada luce o escudo do marquesado de Bendaña e coroando o edificio, a figura de Atlas que soporta a bóveda celeste.
Eugenio Fernández Granell naceu na Coruña en 1912, e estudiou en Santiago de Compostela e Madrid. Tra-la Guerra Civil exiliouse, vivindo primeiro en Sudamérica e logo en Estados Unidos, volvendo a España en 1985.
Granell é un representante significativo do Surrealismo, no que se introduciu a través de André Breton. A súa producción artística abarca a pintura, escultura, debuxo, poesía, ensaio...
A Fundación ten como obxectivos o estudio e a difusión da obra de Granell e do Surrealismo, así como de correntes artísticas afíns. Os seus fondos están constituídos por distintas coleccións, tres delas cedidas polo propio artista. En primeiro lugar unha ampla colección de obras de Eugenio Granell que recolle toda a súa traxectoria artística formada por óleos, esculturas, ready-mades, collages, debuxos, acuarelas, gouaches, témperas, e gravados. Outra colección é a formada por obras doutros artistas vencellados ó surrealismo, entre os que se encontran Marcel Duchamp, Max Ernst, Joan Miró, Roberto Matta e artistas actuais como Cruzeiro Seixas, Julián Calero Gómez, Karl-Otto Glotz, etc.
Como consecuencia do interese de Granell pola antropoloxía nace a colección de Arte étnico composta por máscaras, xoguetes e outras pezas procedentes de diferentes lugares como África, Porto Rico, Filipinas, etc. Ademais hai outras dúas coleccións de outras procedencias: O legado do artista surrealista inglés Philip West , conforma outra colección der 200 obras entre as que se encontran debuxos, óleos, gravados, etc. Por último, a colección de arte ritual afrocucubano, formada por máis de 250 pezas adquiridas pola Fundación en Cuba.
O Museo dedica parte das salas á exposición permanente, reservándose sempre unha ou dúas salas á obra de Granell; estas exposicións cambian cada tres meses.
Na segunda planta fanse as exposicións temporais. A Fundación programa actividades como teatro, concertos, recitais poéticos, conferencias, etc no seu intento de ser un lugar de creación e promoción cultural, e dispón dunha biblioteca especializada no Surrealismo.