|
Horario: Luns a sábados: 10-14 e 16-19 h. Domingos e festivos: 10-14 h. Pago: Tarifa gratuíta Tipo de acceso: Libre Prezo: Gratuíta |
O Museo Militar Rexional de A Coruña é un museo de Historia que a través dunha rica e variada exposición permanente informa e testemuña as vivencias e as inquedanzas dos exércitos, e que ofrece a posibilidade de aproximarse a unha comprensión máis integral e realista do pasado.
Cunhas orixes seculares, pois parte das súas coleccións datan de mediados do século XIX, o actual museo goza dunhas modernas instalacións inauguradas en 1992 na que se mostran fondos dende o século XVII ata mediados do XX, na súa maioría das seguintes tipoloxías: ciencia e tecnoloxía, Belas Artes, armamento, municións, recordos, maquetas, bandeiras, condecoracións, documentos, uniformes e mobiliario.
Realiza numerosas actividades de diverso tipo nun esixente programa anual, como recreacións históricas; teatro infantil; concursos de redacción, fotografía e outros; xogos, buscas e actividades lúdicas dentro do museo relacionadas cos obxectos expostos; concertos; cine de temática militar e exposicións temporais.
Trátase en fin dun museo militar, que ofrece unha visión histórica ecuánime, dende o respecto a tódalas ideas e valores actuais.