O museo nace ó carón da doazón do seu benfeitor o pintor Manuel Torres Martínez dunhas 77 obras ó Concello de Marín.
Manuel Torres naceu en Marín en 1901. Influído principalmente por Carlos Maside a quen lle unía unha grande amizade, traballa en xornais con viñetas e debuxos nos que se deixa ver a súa admiración polo estilo e sátira de Castelao. A súa ampla traxectoria abarca case tódalas disciplinas e correntes: paisaxes, bodegóns, retratos e gravados, ademais de numerosos debuxos a lapis, tinta e esculturas.
As outras salas recollen exposicións temporais de artistas plásticos contemporáneos e artesáns.