|
Horario: 9-15 h Sábados: 11-13 h.; excepto en verán Pago: Tarifa gratuíta Tipo de acceso: Libre Prezo: Gratuíta |
A Colección de Anestesioloxía e Reanimación está exposta en dous edificios, unha parte no Colexio Médico e outra na Facultade de Medicina, ambas en Compostela.
A mostra contén o instrumental usado no exercicio da medicina anestésico- cirúrxica de Galicia, de especial relevancia por ser a Escola Compostelá de Medicina pioneira na administración de anestésicos en España.
O centro vinculado á Sociedade Española de Anestesioloxía e Reanimación, completa a súa colección con outras aparellos relacionados con outras especialidades médicas, fármacos, material cinematográfico e fotografías de figuras destacadas da medicina en Galicia.
A colección formouse coas doazóns de médicos non só composteláns senón de toda Galicia.