galego | castellano | english 
  Buscar

CASA MUSEO EMILIA PARDO BAZÁN
Horario:
Luns a venres de 10 a 14 horas e de 16 a 19 horas. Pechado fins de semana e o mes de agosto.
Pago:
Tarifa gratuíta
Tipo de acceso:
Libre
Prezo:
Gratuíta
http://www.acamfe.org/acamfe/autor/pardobazan.htm
casamuseopb@realacademiagalega.org

 


O museo está emprazado na antiga residencia na Coruña da Condesa Emilia Pardo Bazán (1851 A Coruña - 1921 Madrid) e que hoxe comparte espacio coa sede da Real Academia Galega, institución creada en 1905 co fin de velar polo desenvolvemento da lingua galega.

Emilia Pardo Bazán é unha grande figura das letras, tanto como escritora como precursora ou colaboradora de numerosas iniciativas a prol da cultura galega. Cabe destacar o seu espírito independente e proto-feminista e entre as súas obras destacan os Pazos de Ulloa (1886).

O museo presenta a súa figura, inmersa no seu  tempo e no seu espacio íntimo, cunha reproducción dalgunha das estancias orixinais do pazo. Supón unha visita a un pazo típico urbano do século XIX, no que se poden ver mobiliario e enseres orixinais así como unha exposición da producción artística e outras obras de arte que rodearon á Condesa.

O museo pretende que a visita sexa dinámica e propón distintas actividades en función das características dos seus visitantes co fin de achegar a obra e a figura de Emilia Pardo Bazán ós visitantes.

 

 

 

 

OUTROS DATOS
Enderezo

Rúa Tabernas, 11  
15001
Coruña, A
Tlf : 981207308
Fax : 981216467