galego | castellano | english 
  Buscar

COLECCIÓN DOS GABINETES DE CIENCIAS DO ANTIGO INSTITUTO DE SANTIAGO
Horario:
Luns pechado Martes e mércores: 11,35 a 13,35 h. Xoves: 10,45-11,35 h. Venres: 10,45-12,25 h.
Pago:
Tarifa gratuíta
Tipo de acceso:
Guiada
Prezo:
Gratuíta

ies.arcebispo.xelmirez@edu.xunta.es

 


O Instituto de  Ensinanza Secundaria Arcebispo Xelmirez I alberga a colección de instrumentos e material científico procedente do antigo Instituto de Segunda Ensinanza de Santiago creado en 1845 como adxunto á Universidade.

A maior parte dos instrumentos científicos son de finais do século XIX e principios do XX. Posúen un gran valor, tanto didáctico como histórico. Estes instrumentos formaban parte dos denominados medios materiais de instrucción que debían posuír tódolos institutos nos seus Gabinetes de Física, Química e Historia Natural, onde se utilizaban para a ensinanza das materias científicas.

Son numerosos os instrumentos que se amosan nas vitrinas dunha sala habilitada no centro. Poden verse aparatos e instrumentos pertencentes ás coleccións de Acústica, Agricultura, Calor, Cosmografía, Electricidade e Magnetismo, Gases e Neumática, Hidrostática, Historia Natural, Mecánica, Óptica e Química.

A existencia desta colección de instrumentos científicos no centro é un importante recurso didáctico, incorporado plenamente nas actividades e programa educativo, que permite desenvolver no curriculum determinados aspectos da historia da ciencia.

 

 

 

 

OUTROS DATOS
Enderezo

I.E.S. Arcebispo Xelmírez I, Poza de Bar, s/n.  
15705
Santiago de Compostela
Tlf : 981584321
Fax : 981584533