galego | castellano | english 
  Buscar

CASA MUSEO VALLE INCLÁN
Horario:
Verán: martes a sábado:10-13,30 h. e 17-20,30 h Domingos 11-14 h. Luns pechado/. Inverno:de martes a sábado:10-13,30 h. e 16 a 19 h.
Pago:
Tarifa gratuíta
Tipo de acceso:
Libre
Prezo:
Gratuíta
http://www.valle-inclan.org
museoapobra@valle-inclan.org

 


 O Museo está situado na Torre de Bermúdez (S. XVI), declarada Monumento Histórico Artístico en 1976 e vinculada á familia de Valle-Inclán xa que pertenceu ós seus avós.

O Museo de iniciativa municipal foi creado en 1986 co obxectivo de conservar e difundir testemuñas da obra e da vida do escritor.

Ramón María do Valle-Inclán (1866 - 1936) é un dos escritores galegos máis representativos da literatura en lingua castelá, caracterizado pola súa vocación innovadora, o resentimento social e a técnica esperpéntica, e a eterna memoria do mundo rural de Galicia.

No museo apórtanse datos da vida do escritor e da súa producción artística, así como referencias á época na que viviu e a personalidades coas que compartiu inquietudes e oficio.

No museo atópanse primeiras e raras edicións de libros do autor, manuscritos orixinais, fotografías de época, obxectos de belas artes (escultura, pintura, caricatura), vestiario, escenografías e cartelería teatral.

Ademais, o Museo conta cunha sala para exposicións temporais e auditorio no que se organizan distintas actividade culturais ó longo do ano.

 

 

 

OUTROS DATOS
Enderezo

Torre Bermúdez. A Pobra do Caramiñal.  
15740
Pobra do Caramiñal
Tlf : 981831662