galego | castellano | english 
  Buscar

MUSEO DAS MARIÑAS
Horario:
Tódolos días de 10-13 h e 16-20 h.
Pago:
Tarifa completa
Tipo de acceso:
Libre/guiada
Prezo:
1,20
http://www.betanzos.net
bibli@alsernet.es

 


O museo das Mariñas inaugurado no ano 1983, está instalado no edificio do ex convento de San Domingo (século XVII-XVIII), compartindo sede co Arquivo e a Biblioteca municipais. O museo está dedicado á ampla comarca das Mariñas, recollendo aspectos tanto históricos como etnográficos da mesma.

O comezo da visita faise cunha panorámica de personaxes destacados da sociedade medieval betanceira, rodeados por restos do mosteiro gótico de San Francisco, entre os que destaca unha estatua dun Santiago Peregrino do século XIV, a representación máis antiga desta figura en Galicia.

A época romana está representada por pezas sobresaíntes como aras, estelas e muíños.

A sección de etnografía nesta planta presenta unha serie de maquetas dunha casa rural, e outras que nos introducen ó mundo dos traballos tradicionais do viño e do pan.

Na Sala do Traxe, situada na planta alta móstranse traxes populares de toda Galicia e outros da burguesía betanceira dos séculos XVIII-XIX, ademais de outras pezas relacionadas co tecido como as ferramentas dun xastre betanceiro.

No corredor alto atópanse diversos obxectos relacionados coa historia de Galicia e Betanzos, como o globo que se lanza dende 1814, bandeiras e bustos.

Nesta mesma planta hai unha sala dedicada ás Antigas Escolas, e outra á Fundación Jimenez Cossío con bordados, encaixes e abanicos dos séculos XVI ó XX.

No corredor norte encóntrase a sala do apostolado da Escola de Rubens, procedentes de Amberes, con trece cadros e varios gravados.

A visita remata cunha mostra da evolución urbanística de Betanzos por medio de fotos, debuxos e maquetas.

 

 

 

 

OUTROS DATOS
Enderezo

Rúa Emilio Romay, 1  
15300
Betanzos
Tlf : 981771946
Fax : 981771946