galego | castellano | english 
  Buscar

MUSEO DAS PEREGRINACIÓNS E DE SANTIAGO
Horario:
Martes a venres: 10 - 20 h. Sábados: 10,30-13,30 h e 17-20 h. Domingo: 10,30-13,30 h.
Pago:
Tarifa completa, reducida e gratuíta
Tipo de acceso:
Libre/guiada
Prezo:
2,40 €
http://www.mdperegrinacions.com
documentación@mdperegrinacions

 


O museo de Peregrinacións atópase situado na denominada Casa Gótica, exemplo da arquitectura civil compostelá con elementos constructivos do século XIV.

O museo dedica a súa exposición permanente ó culto xacobeo en particular pero pretende mediante as súas exposicións temporais un acercamento ó fenómeno da peregrinación en xeral interesándose por outras culturas e os seus puntos de culto e peregrinación en outros lugares do mundo. A exposición permanente desenvólvese en oito salas dedicadas cada unha delas a unha sección. Os seus temas son os seguintes:

1ª sala: Peregrinación como ritual de purificación e a súa presencia en diferentes pobos e cultos.

2ª sala: Orixe do culto xacobeo onde se trata o tema da translación do corpo do Apóstolo.

3ª sala: dedicada a Santiago, Catedral e cidade.

4ª sala: Peregrinación a Santiago: Camiños e Ritos.

5ª sala: Iconografía de Santiago. Destacamos nesta sala dous óleos sobre táboa, ambos do século XVI, e os dous representan a Santiago Peregrino. Un deles é de Juan de Juanes e o outro de Juan de Flandes.

Na terceira planta a temática é: Gremios e tradicións artesanais en Santiago. Dentro desta temática a sala 6ª alberga as coleccións de acibeche, prata e marfil. A sala 7ª acolle a colección de gravados composteláns. E finalmente a sala 8ª, dedicada á A Harmonía do Universo. A Musicalidade do Pórtico, acolle a reproducción dos instrumentos musicais que sosteñen os anciáns do Pórtico da Gloria da Catedral compostelá.

Este museo é ademais depositario dos materiais procedentes das escavacións arqueolóxicas feitas na zona do Concello de Santiago.

O Museo conta cun programa anual de actividades: exposicións temporais, concertos, conferencias... e dispón así mesmo dunha biblioteca especializada na súa temática.

 

 

 

 

OUTROS DATOS
Enderezo

Rúa San Miguel, 4  
15704
Santiago de Compostela
Tlf : 981581558
Fax : 981581955