galego | castellano | english 
  Buscar

MUSEO COMARCAL DA FONSAGRADA
Horario:
Luns pechado Xuño-setembro: de martes a venres: 12-14 e 17-19 h. Resto do ano: martes a venres: 12-13 h. Sábados e domingos: 12-14 e 16-18 h.
Pago:
Tarifa completa, reducida e gratuíta
Tipo de acceso:
Libre
Prezo:
1,20
http://www.fonsagrada.org

 


Fundado no ano 1984 por un padroado formado por veciños da Fonsagrada e do que na actualidade forman parte o concello e os centros de educación primaria e secundaria, o museo ten pezas de Etnografía, de Arqueoloxía e de Arte Contemporánea.

A sección de Etnografía presenta entre outras a instalación dunha adega, dunha forxa de ferreiro, e dunha lareira. Hai unha parte dedicada ós oficios rurais, outra á labranza, ó monte, á escola, á relixiosidade e á emigración onde se recollen os recordos da estancia en Bos Aires e A Habana dun emigrante da zona.

A parte dedicada á Arqueoloxía expón pezas pertencentes a época megalítica, época castrexa  e a época da romanización.

A sección de arquitectura popular mostra, a través de maquetas, planos e fotografías as características constructivas, materiais, e tipos de vivenda máis frecuentes.
A colección de Arte Contemporánea, coñecida como De Ida e Volta está formada principalmente por esculturas que poden verse por todo o museo, obras de artistas como  Ignacio Basallo, Mónica Alonso, Manolo Paz, Paco Pestana, Xoán Lamarti, Tereixa Gómez, Alvaro de la Vega, Manuel Patinha, Luís Borrajo, Fernando Villapol, Xurxo Oro Claro e Manuel Moldes.

Os obxectivos do museo son presentar as formas de vida e de traballo dunha comarca de montaña que están a piques de esquecerse por completo pola evolución dos tempos e propiciar a reflexión por parte do visitante sobre o valor da cultura tradicional e as circunstancias de cambio do medio rural.

 

 

 

 

OUTROS DATOS
Enderezo

Rúa Alameda  
27110
Fonsagrada, A
Tlf : 982217386