galego | castellano | english 
  Buscar

MUSEO DE ARTE SACRA DE VILANOVA DE LOURENZÁ
Horario:
Laborables de 11-13 h. e 17-19 h.
Pago:
Tarifa completa
Tipo de acceso:
Guiada
Prezo:
1,20

 


Na Igrexa benedictina do Mosteiro de Vilanova de Lourenzá, hoxe igrexa parroquial, atópase este pequeno museo que conta cunha importante colección de arte sacra, incluíndo ourivería, escultura, pintura, mobiliario e indumentaria. Destaca nela o Sepulcro do Conde Santo, do século V, situado na Capela de Valdeflores e o retábulo relicario do século XVII feito en pedra e madeira policromada por Francisco de Andrade, que se atopa na sancristía. Na Capela da Valvanera pode verse a colección de ourivería, do século XVIII. E finalmente, nas dependencias do mosteiro están expostas esculturas e pinturas do século XVIII.

Hai que destacar a antiga biblioteca monacal que conserva catro mil libros entre os que se poden atopar edicións do século XVI.

 

 

 

OUTROS DATOS
Enderezo

Pl. do Conde Santo, s/n  
27760
Vilanova de Lourenzá
Tlf : 982121073