galego | castellano | english 
  Buscar

MUSEO PROVINCIAL DE LUGO
Horario:
Inverno: 10,30-14 e 16,30-20,30 h. Sábados: 10,30-14 e 16,30-20 h. Domingos: 11-14h. ; festivos: pechado Verán (xullo e agosto): luns a venres: 11-14 e 17-20 h. Sábados:10-14 h. Domigos e festivos: pechado.
Pago:
Tarifa gratuíta
Tipo de acceso:
Libre
Prezo:
Gratuíta
http://www.museolugo.org
gerenca@museolugo.org

 


Creado pola Deputación de Lugo no ano 1932 coa intención de reunir e protexer distintos bens do patrimonio da provincia dispersos en coleccións particulares e institucións públicas, o museo ocupou inicialmente unha das salas do Palacio Provincial de San Marcos. No ano 1957 trasládase á sede actual, integrada polas dependencias do antigo convento de San Francisco e un edificio de nova planta deseñado polo arquitecto Manuel Gómez Román. Dende dita data o museo foi sometido a diversas ampliacións.

Na primeira planta pode verse a colección de mosaicos do século III aparecidos nun solar da rúa Armañá de Lugo; As coleccións de Arte Sacro destacando unha imaxe do Salvador en pedra procedente de San Pedro de Fiz de Muxa (Lugo), unha ampla mostra de imaxinería gótica manierista e barroca, as cruces procesionais en prata e diversos obxectos de uso relixioso, e no claustro,  pezas de epigrafía, heráldica e outras coleccións en pedra. Na cociña conventual desta planta expóñense os fondos etnográficos, a carón do refectorio do convento. Na parte alta do claustro atópase a sala de Prehistoria e Arqueoloxía na que se fai unha mostra cronolóxica dende o Paleolítico ata o final da Romanización; tamén as coleccións de cerámica, vidro, numismática e medallística.

Na segunda planta merece especial atención a colección de arte galego centrada en pintura, escultura e gravados dos séculos XIX e XX, así como a colección de cerámica de Sargadelos á cal se dedica unha sala na que se amosan pezas de tódalas épocas da producción da Real Fábrica.

Como consecuencia da doazón de Nelson Zúmel á Deputación Provincial, as súas coleccións particulares forman o Museo Nelson Zúmel que ocupa a segunda e terceira plantas do edificio de ampliación inaugurado en 1997. A colección está formadas por 160 obras de pintura española do século XIX e XX firmadas por más de 70 artistas entre os que poden citarse Picasso, Padilla, Borrás, etc.

 

 

 

OUTROS DATOS
Enderezo

Praza sa Soedade, 6  
27003
Lugo
Tlf : 982242112
Fax : 982240240