galego | castellano | english 
  Buscar

PALLOZA CASA DO SESTO
Horario:
De Outubro a Maio: Sábados, domingos e festivos: 10:30 - 20:3015 Xuño a 15 setembro: tódolos días: 10:30 - 15:00 / 16:00-21:00
Pago:
Tarifa completa
Tipo de acceso:
Guiada
Prezo:
1 €

 


A Palloza “Casa do Sesto” en Piornedo remóntase alomenos a 1770, estando sempre vencellada á  familia da súa actual propietaria. Dende 1989 está aberta ao público.
A Palloza-Museo mantén a estrutura tradicional, tanto arquitectónica, como no que atinxe á distribución dos obxectos e mobles, empregados pola familia mentras habitou a palloza ata 1970, co obxecto de converterse nunha mostra ó público da forma de vida tradicional na zona dos Ancares e conservar os seus valores culturais.
A súa estrutura de paredes de pedra e teito elaborado con colmo de palla de centeo, conta cunha parte adicada ao gando e outra as persoas. Ten dous cuartos adicados a dormitorios, unha lareira, un forno, varios cortellos para o gando menor a unha corte para o gando maior, a zona do pesebre e a barrela, que servía para dormitorio, situada encima da corte.
Ten ao seu carón un hórreo, todavía utilizado pola familia propietaria.
No interior pódense contemplar toda unha colección de utensilios e mobles utilizados pola familia mentras vivía alí. Conta con camas, xergóns, alacenas, artesas, tear... Tratábase dunha forma de vida autosuficiente polo que ten todo tipo de utensilios que permitían a vida cotiá e o traballo no campo e cos animais.

 

 

 

OUTROS DATOS
Enderezo

Piornedo dos Ancares  
27667
Cervantes
Tlf : 982245540