galego | castellano | english 
  Buscar

FUNDACIÓN CULTURAL OTERO PEDRAIO
Horario:
Inverno (outubro-abril) de martes a domingo: 11-14 h. e 16-18 h. Verán (maio a setembro) de martes a domingo: 11-14 h./17-20. Luns pechado.
Pago:
Tarifa gratuíta
Tipo de acceso:
Libre
Prezo:
Gratuíta
http://www.oteropedrayo.com
trasalba@arrakis.es

 


O Pazo  Museo de Otrero Pedrayo esta situado no lugar de Cima de Vila na parroquia de Trasalba no Concello de Amoeiro, Ourense. Neste lugar a Fundación Otero Pedrayo garda a memoria do que foi patriarca das Letras Galegas.

Ramón Otero Pedrayo (Ourense 1888 -1976) foi un personaxe principal na vida cultural e política galega durante toda a súa vida adulta. Escritor, profesor, político e editor traballou coa idea de alentar a cultura e o pais galego. Formou parte de grandes iniciativas institucionais para o desenvolvemento cultural galego coma o Partido galeguista, o Seminario de Estudios galegos, a Editorial Galaxia , institucións que aínda hoxe son referentes de traballo e coñecemento.

Na visita ó Museo pódense contemplar obxectos persoais do escritor, mobiliario e a súa biblioteca , así como a estructura tradicional dun pazo galego de principios do século XX. Os fondos están conformados a partires do legado que fixo en vida Don  Ramón Otero Pedrayo a GALAXIA, das  propiedades en Trasalba, incluíndo o pazo e as propiedades anexas.

Os moitos accesos, debidamente  sinalizados, e a situación do Pazo-Museo,  permiten  gozar dunhas fermosas paisaxes da Galicia interior.

 

 

 

OUTROS DATOS
Enderezo

Pazo de Trasalba-Cimadevila. Amoeiro.  
32172
Amoeiro
Tlf : 988281139
Fax : 988281139