|
Horario: Tódolos días da semana: 10-19 h. Xullo e agosto: 11-21 h. Pago: Tarifa completa, reducida e gratuíta Tipo de acceso: Libre/guiada Prezo: 2 € |
Museo interactivo dedicado de forma global e monográfica ó ser humano. Atópase no Paseo Marítimo de Riazor nun edificio construído polo arquitecto xaponés Arata Isozaki. Ten como obxectivo o coñecemento da especie humana por medio da interactividade e a interdisciplinareidade.
A exposición permanente está formada por 116 módulos, 63 dos cales dispoñen dun punto de información textual. Aínda que o espacio non está claramente estructurado por temas, existen unhas zonas de contido máis ou menos homoxéneo: Eu, Nós, Bioquímica e xenética, Paisaxes, Reproducción e desenvolvemento embrionario, Sentidos, Corazón e Sistema circulatorio, Comer para Vivir, Sistema motor, O Pé, Cerebro, Equilibrio, habilidades, linguaxe.
Entre os módulos podemos citar Un rostro con mil caras que consiste no cadro da Gioconda formado con 10062 fotografías de persoas; Con todo Corazón, maqueta dun corazón de seis metros de altura polo que pasa o visitante ó face-lo percorrido observando o movemento das válvulas que conectan ventrículos e aurículas e escoitando o latido que producen.
Finalmente hai unha sala dedicada a exposicións temporais, a Sala Severo Ochoa, unha sala de Proxeccións de cine de gran formato, e unha sala de picnic para o descanso e tomar un refrixerio.