|
Horario: Luns a venres: 18:00 - 21:30 horas. Sábados: 11:00 - 14:00 horas. Domingos e festivos: 11:00 - 14:00 horas. Pago: Tarifa gratuíta Tipo de acceso: Libre Prezo: Gratuíta |
A Fundación Laxeiro constituída en 1999 en Vigo, está dedicada a custodiar e difundi-la colección que Laxeiro doou á cidade de Vigo. Aspira ademais a converterse nun espacio para a arte contemporánea e de apoio ós novos creadores.
Xosé Otero Abeledo, "Laxeiro" (Lalín 1908 - Vigo 1996) é unha das figuras máis representativas do Movemento Renovador da pintura galega. A súa vida transcorre entre a emigración a Cuba e Arxentina e as estancias en Madrid, Lalín, Pontevedra e Vigo onde fixa a súa residencia definitiva.
A súa obra caracterízase pola síntese das raíces e modelos galegos coas vangardas da primeira metade do século XX.
Grandes xoias da súa obra pertencen a esta colección, integrada por 64 pezas, a través das que se pode apreciar unha visión panorámica das distintas etapas do artista.