Inaugurado en 1989 o Museo honra a figura do sacerdote e astrónomo D. Ramón María Aller Ulloa, nacido en Lalín en 1878. A antiga residencia do astrónomo, onde se instalou o primeiro observatorio astronómico de Galicia, adaptouse como sede do Museo. Os fondos están composto polos instrumentos que este científico utilizou no seu traballo e documentos, fotografías, libros, etc.
Outra sección está formada pola colección de debuxos e retratos que Laxeiro, (Lalín 1908- Vigo 1996) unha das figuras principais do Movemento de Renovación da pintura galega, doou ó concello. Esta colección complétase con obras doutros pintores galegos.
O Museo tamén conta na súa colección estable con algunhas das pertenzas douto fillo da vila: Joaquín Loriga y Taboada pioneiro da aviación española, sendo o primeiro na utilización do autoxiro inventado por Juan de la Cierva.
A sala de exposicións temporais acolle dende 1993 unha Bienal con artistas de todo o mundo.