O Museo de Arte Sacro de Santa Clara abrangue tres pequenas dependencias barrocas do Convento construído no século XVIII pero cunha estructura interior que data do século XIII, e pertencente á orde das irmáns clarisas. Noutro tempo parece que custodiou grandes obras artísticas das que algunhas son mostradas no Museo. Destacan sobre todas a Virxe abrideira, unha pequena talla de marfil de finais do século XII e case segura doazón da Raíña de Castela e León Dona Violante fundadora do Convento e muller de Alfonso X O Sabio. A outra peza sobresaínte é a Cruz de cristal de roca que mostra interesantes técnicas artísticas de ourivería gótica con un grande mostrario de materiais (cristal, esmaltes, etc...).