|
Horario: Luns a venres: 16:00-20:00 horas Sábados,domingos e festivos: 11,30-13,30 horas e 17-19,30 horas. Pago: Tarifa completa e gratuíta Tipo de acceso: Libre Prezo: 1,20 |
O Museo está instalado na antiga casa rectoral da parroquia de Vilar de Santos. Ten seis salas nas que se mostran aspectos relevantes da vida tradicional da vila:
· Sala da Limia está dedicada á mostra de aspectos socioeconómicos da comarca.
· Sala do Liño recrea os procesos de transformación da planta en tecido.
· Sala dos oficios consta de pequenas reproduccións dos lugares de traballo para a cantería, a forxa e a carpintería.
· Sala da Pataca dedicase ó cultivo da pataca que é, na actualidade, unha das principais fontes de ingresos.
· Sala da casa na que se recolle o espacio privado das xentes da Limia: cociña e leito coa súa moblaxe e co enxoval.
· O agro está representado no patio no que se poden ver útiles e aparellos de labranza e gandería.
Ademais, conta cun taller de tecidos artesanais en activo, tenda de lembranzas e biblioteca especializada.
No museo concértanse visitas guiadas, sendo os guías artesáns hoxe retirados que falan dos seus oficios.