|
Horario: De martes a sábado: 11-14 h. e 15-18 h. Luns pechado Pago: Tarifa gratuíta Tipo de acceso: Libre Prezo: Gratuíta |
A aldea do Cebreiro é a primeira localidade galega no Camiño Francés A Santiago de Compostela e atópase na alta montaña entre as provincias de León e Lugo.
O Museo sitúase moi preto do Santuario, nunha das pallozas do conxunto. Estas son construccións adaptadas ó medio da montaña, con paredes baixas en pedra, poucos vanos e un alto teito de palla moi tupido, que soporta o peso da neve e os ventos da montaña pola súa adecuada inclinación. Nelas habilitábanse dous espacios diferenciados, un para o gando e os apeiros e outro para a familia.
O Museo reflexa perfectamente as condicións de vida na montaña, cunha distribución dos espacios en relación directa co entorno hostil e coa vida gandeira e agrícola que permaneceu ata ben pasada a segunda metade do século XX.
Tanto a arquitectura como os obxectos situados no seu interior (mobles, útiles para o traballo téxtil, para os traballos agrícola e gandeiro e para a vida cotiá) son de grande interese cultural e etnográfico.
No conxunto pódese visitar o Santuario do século IX, e dispón tamén dunha hospedaría fundada xa para os peregrinos tamén no século IX.