|
Horario: De luns a venres:9-13,30 h. e 16-19,30 h. Sábados: 9-13,30 h. Pago: Tarifa gratuíta Tipo de acceso: Libre Prezo: Gratuíta |
Situado na sede da Fundación Sotelo Blanco na estrada que vai ó aeroporto de Santiago de Compostela, o Museo ocupa dúas salas de exposición dedicadas á colección permanente e unha sala de exposicións temporais. O Museo recolle distintas mostras da cultura popular da Terra de Castro Caldelas, de onde proceden as maior parte das pezas.
A exposición procura que as distintas pezas aparezan nos seus lugares de uso e en relación as unhas coas outras, de maneira que a comprensión da cultura popular sexa atractiva para o visitante.
Pódense ver na visita oficios como curtidores, canteiros, ferreiros, etc. Tamén recrea ambientes da casa tradicional galega como a cociña, cuartos, a labranza, etc. Destacan tamén os espacios dedicados á emigración galega do século XX.