Está emprazado no casco histórico do Concello de Ribadavia, no edificio coñecido como Pazo de Baamonde ou Casa da Fundación.
Integran os fondos deste museo coleccións etnográficas de diferentes comarcas da provincia de Ourense, así como unha relevante colección de utensilios e apeiros da cultura vitivinícola, moi importante na comarca.
Destaca a súa biblioteca especializada en antropoloxía e historia, con varios legados (Sánchez Orriols, Rubén G. Álvarez, Meruéndano, Abrente, Emilio G. Fernández...) e con fondos documentais sobre o viño, o cine e o teatro. De interese é o fondo de documentación oral etnohistórica configurado mediante investigación de campo.