|
Horario: Luns a sábados: 10-14 e 16-20 h. Pago: Tarifa gratuíta Tipo de acceso: Libre Prezo: Gratuíta |
O museo de Arte Contemporánea Carlos Maside xorde en 1970 ante a necesidade de recoller a obra e a documentación dos artistas da xeneración dos anos trinta, ampliando posteriormente os seus obxectivos como testemuña da creación artística contemporánea galega. O Museo atópase nun complexo arquitectónico que acolle ademais a fábrica de Cerámicas O Castro, un edificio destinado a mostra de cerámica, a librería, e unha sala de exposicións temporais; o máis característico, é o edificio do museo, está formado por módulos hexagonais distribuídos en torno a un módulo central.
A exposición repártese nas tres plantas do edificio. Expóñense as obras de Castelao, xerme do Movemento Renovador, e obras de outros artistas como Maruja Mallo, Francisco Lloréns, Xesús Corredoira, Francisco Asorey, Arturo Souto, etc. Os artistas Renovadores, obras de Laxeiro, Colmeiro, Maside ou Luís Seoane. Xunto a eles atópanse as obras de figuras singulares como Eugenio Granell e Urbano Lugrís. Poden contemplarse nesta mesma planta obras de artistas de Vangarda coma os pertencentes ó grupo Atlántica. Finalmente, a última planta está dedicada ó debuxo humorístico.