|
Horario: Martes a sábado: 10-20h. Domingos e festivos: 10-14h. Luns pechado Pago: Tarifa gratuíta Tipo de acceso: Libre/guiada Prezo: Gratuíta |
Situado na península do Morrazo, na ría de Vigo, Bueu ten unha grande tradición pesqueira, de salgado e posteriormente conserveira. O Museo Massó foi creado coa idea de divulgar a excepcional colección relacionada coa náutica, que a familia Massó foi atesoirando ó longo dos anos. Posteriormente a colección foi adquirida pola Xunta de Galicia e ábrese ó público no 2002 no solar da antiga fábrica de conservas.
O seu contido divídese en:
·Sección de etnografía mariñeira, con aparellos de pesca artesanal.
·Sección industrial, na que se mostra o proceso de salgado e conserva do peixe a comezos do século XX.
·Sección da navegación que inclúe cartas de navegación, primeiras edicións de manuais da navegación e da pesca, maquetas de embarcacións diversas e instrumentos de navegación astronómica, como sextantes, compases, etc.