Situado ó carón do Castro de Viladonga o Museo está dedicado á explicación do xacemento e á custodia e exposición dos materiais procedentes das sucesivas escavacións que dende 1972 fixéronse neste emprazamento da cultura galaico romana. O Museo abre definitivamente en 1986, e dende entón trata de divulga-la importancia do xacemento como exemplo de asentamento destacado sobre todo entre os séculos II e V d.C., polo que é tan importante para coñecer, estudiar e comprender a evolución do mundo castrexo trala conquista romana. O contido do museo distribúese tematicamente en catro salas:
Na primeira sala realízase unha introducción á cultura castrexa e ás escavacións realizadas no castro.
Na sala segunda trátanse aspectos relacionados coa ocupación do territorio e o hábitat, así como os elementos arquitectónicos do castro.
Nas salas terceira e cuarta expóñense elementos e obxectos da cultura material (ferramentas, cerámicas, ourivería, moedas, xogos...)
O Museo conta ademais cunha Biblioteca especializada en Arqueoloxía e Museoloxía.