|
Horario: Tódolos días de 9-14 h. e 16,30-20 h. Pago: Tarifa gratuíta Tipo de acceso: Libre Prezo: Gratuíta |
O Museo Municipal de Ponteareas articúlase a nivel temático en varios apartados:
·Prehistoria de Ponteareas e comarca, dende época paleolítica á romanización: principalmente materiais procedentes do xacemento arqueolóxico do Castro de Troña pertencente á cultura galaico-romana. Destacan tamén nesta área o petroglifo de Chan de Gándara e unha pequena coleccións de bronces de Coto de Altamira - Taboexa (As Neves) coa figura dun togado.
Evolución do territorio dende o medievo ata a contemporaneidade: Dende a xurisdicción do Sobroso ata a configuración actual en municipios.
·A festividade do Corpus Christi en Ponteareas: un dos sinais de identidade colectiva máis senlleiros de Ponteareas nos que se mostran as características do rito festivo e as súas mostras artísticas.
·Lembranza a dous fillos ilustres deste municipio: Gabino Bugallal Araujo e Fermín Bouza Brey.
·Finalmente, exhíbese unha colección de obras que mostran a traxectoria de artistas locais como Silverio Rivas, Antonio Medal Carrera, Rogelio Lorenzo Rodríguez, Ignacio Vidales Tomé, Juan Soutullo, etc.
Dende 1998 o Museo conta có Centro de Recuperación de Cultura Popular, que ten como obxectivo a recuperación da nosa memoria colectiva expresada a través do que coñecemos como patrimonio cultural tradicional. Instalado no Castelo de Sobroso (a sete quilómetros de Ponteareas), amosa unha exposición permanente de indumentaria tradicional, oficios tradicionais e unha recreación dos ambientes dunha casa rural tradicional. O Centro conta cun taller artesanal téxtil e unha tenda de artesanía da comarca do Condado, e se organizan periodicamente cursos, obradoiros, etc. sobre materias relacionadas coa cultura tradicional galega