|
Horario: Domingos e festivos de 16-18 h. Fóra de horario con cita previa. Pago: Tarifa gratuíta Tipo de acceso: Libre/guiada Prezo: Gratuíta |
O Museo parroquial de Monterroso ten a súa sede na casa rectoral da vila de Monterroso. Nas súas salas expóñense pezas de ourivería, arqueoloxía, etnografía, pintura e numismática.
A sección de ourivería conta con obxectos litúrxicos así como unha colección de reloxos de parede.
Na sección de arqueoloxía poden apreciarse muíños naviformes e circulares, capiteis e algúns elementos escultóricos.
Conforman a sección de etnografía utensilios para a elaboración do tecido de liño, roupas e aparellos correspondentes a diferentes oficios.
Por último, a sección de pintura acolle obras de pintores da vila.