|
Horario: Inverno pechado Verán: 10-13 h. e 16-18 h. Cita previa Pago: Tarifa gratuíta Tipo de acceso: Libre Prezo: Gratuíta |
As orixes de San Martiño de Mondoñedo atópanse na máis temperán Idade Media, sen embargo existe unha enorme lagoa documental que dificulta o seu estudio. O que si se sabe é a existencia dunha primitiva construcción do século X da que quedan vestixios na actualidade. Hai teorías que defenden as orixes da sede episcopal de Mondoñedo neste mosteiro, actual sede do Museo.
O edificio que pode verse na actualidade responde á arquitectura románica de finais do século XI, con engadidos posteriores como son os contrafortes do século XVIII. A decoración escultórica é de sumo interese polo seu estilo e pola iconografía, xa que ambos reflicten unha arte propia do Camiño de Peregrinación.
A igrexa do mosteiro, hoxe parroquial, acolle no seu interior unha colección na que as pezas máis destacadas son o frontal de altar con Cristo en Maxestade, do século XII, e o báculo e o anel do Bispo Gonzalo; xunto a elas pódense ver esculturas, pinturas, documentos, relicarios, misais, así coma unha colección de cálices, todas elas obras de carácter relixioso.