galego | castellano | english 
  Buscar

MUSEO PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Horario:
Verán:1 xuño ó 30 setembro:martes a sábado: 10-13 h e 16,30-20 h. Inverno:1 outubro ó 31 maio:martes a sábado:10-13,30 h a 16,30-20 h. Domingos e festivos: 11-14 h
Pago:
Tarifa gratuíta
Tipo de acceso:
Libre
Prezo:
Gratuíta (para cidadáns da UE)
http://www.museo.depo.es
secretaria@muspontev.es

 


O Museo de Pontevedra foi creado en 1927 co patrocinio da Deputación Provincial. Dende o seu comezo o Museo destacou polo esforzo de convertelo nun centro de estudios e fomentar o coñecemento sobre a cultura galega nas súas distintas manifestacións ó longo do tempo. O percorrido polos edificios e salas é unha visita á Historia, á Arqueoloxía e a Arte galega relacionándoa con ámbitos tanto nacionais como internacionais.

O Museo na actualidade ocupa cinco edificios. O principal e primeiro en ter este uso é o denominado Castro Monteagudo (S. XVIII), os edificios García Flórez (S.XVIII),  Sarmiento (S. XVIII) e Fernández López (S. XX) atópanse próximos, no centro histórico da cidade. O último, as ruínas de Santo Domingo (S XIV XV), é o máis antigo e atópase fora do núcleo histórico. Nel pódense atopar os restos arquitectónicos do antigo convento dominico da cidade de Pontevedra e se expoñen tamén restos arqueolóxicos doutros xacementos (capiteis románicos e góticos, laudas gremiais ....)

O Contido dos outros catro edificios é diverso, destacando as coleccións de escultura e pintura. En escultura conta con magníficas representacións da Idade Antiga (a partir do século II a.C) coma figuriñas exipcias, gregas e púnicas, da Arte Medieval, do Renacemento italiano e castelán, e da Idade moderna con obras de Eiroa e Acisclo Manzano. As obras dos escultores Asorey, Acuña ou Camilo Nogueira forman parte dos fondos que se foron incorporando ó Museo a través das axudas que concede dende 1896 a Deputación de Pontevedra ós artistas galegos.

Entre as mostras de Pintura, o Museo exhibe a única sala de Táboas dos séculos XIV ó XVI existente en Galicia. Tamén están representadas as escolas española e italiana dos séculos XVI ó XVIII. A pintura galega conta con pezas dos séculos XVIII á época contemporánea, con valiosísimas telas de nomes como Ferro Requeixo e García de Bouzas. Máis modernas son as obras dos bolseiros de artes da Deputación de Pontevedra como Virxilio Blanco, Maside, Colmeiro, Torres, Alfredo Souto o Laxeiro.

Outras coleccións, non menos interesantes son a do gravado galego (con obras de Castro Gil e Prieto Nespereira (dous grandes artistas que marcaron escola), a de artesanía popular galega (acibeches, azulexos y louza de Sargadelos), a sala da música con gramófonos, cantorais e iconografía musical variada e, finalmente as salas navais, nas que se pode admirar a reproducción do despacho do almirante Méndez Núñez e entrar na cámara da fragata Numancia, que el mandou.

Mención aparte merece o legado de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (1886-1950), médico,artista, político e nome de referencia na cultura galega. O seu legado está composto por máis de 1.000 produccións: óleos, augadas, plumiñas, notas coloreadas, temples... fundamentais para entender a súa visión de Galicia e a idiosincrasia do pais galego.

 

 

 

OUTROS DATOS
Enderezo

Rúa Pasantería, 12  
36002
Pontevedra
Tlf : 986851455
Fax : 986840693

Barco-Museo Boniteiro "Reina del Carmen"

Casa Museo Emilia Pardo Bazán

Casa Museo Rosalía de Castro

Casa Museo Valle Inclán

Casa Museo da Fundación Camilo José Cela

Casa das Ciencias

Centro Etnográfico de Terra de Montes (CETMO)

Centro Galego de Arte Contemporánea

Colección Casa do Patrón

Colección Fernando Blanco de Lema

Colección Visitable Museo Marítimo 'Seno de Corcubión'

Colección de Anestesioloxía e Reanimación

Colección de Instrumentos Musicais do CENTRAD. Deputación de Lugo

Colección de Reloxos

Colección dos Gabinetes de Ciencias do Antigo Instituto de Santiago

Domus-Casa do Home

Fundación Cultural Otero Pedraio

Fundación Laxeiro

Fundación Museo do Grabado á Estampa Dixital

MIAS (Museo Iconográfico de Arte Sacra de Allariz)

Museo ANFACO da Industria Conserveira

Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense

Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña

Museo Casa de la Troya

Museo Catedralicio de Ourense

Museo Catedralicio de Santiago de Compostela

Museo Catedralicio de Tui

Museo Comarcal da Fonsagrada

Museo De Arte Sacra De Santa Clara De Allariz

Museo Diocesano de Tui

Museo Diocesano e Catedralicio de Lugo

Museo Diocesano e Catedralicio de Mondoñedo

Museo Etnográfico 'Olimpio Liste'

Museo Etnográfico Sotelo Blanco

Museo Etnográfico da Limia

Museo Etnográfico de A Capela

Museo Etnográfico do Cebreiro

Museo Etnográfico e da Historia de San Paio de Narla

Museo Etnográfico e do Viño

Museo Etnolóxico de Ribadavia

Museo Galego de Arte Contemporánea 'Carlos Maside'

Museo Galego do Xoguete

Museo Granell

Museo Histórico de Sargadelos

Museo Liste Vigo

Museo Massó

Museo Militar da Coruña

Museo Monográfico do Castro de Viladonga

Museo Municipal Manuel Torres

Museo Municipal Ramón María Aller Ulloa

Museo Municipal de Ourense

Museo Municipal de Ponteareas

Museo Municipal de Vigo Quiñones de León

Museo Parroquial de Monterroso

Museo Parroquial de San Martiño de Mondoñedo

Museo Pedagóxico de Galicia. (MUPEGA)

Museo Provincial de Lugo

Museo Provincial de Pontevedra

Museo Provincial do Mar

Museo da Citania de Santa Tegra

Museo da Colexiata de Xunqueira de Ambía

Museo da Colexiata do Sar

Museo da Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba

Museo da Terra de Melide

Museo das Mariñas

Museo das Peregrinacións e de Santiago

Museo de Arte Sacra das Clarisas de Monforte

Museo de Arte Sacra de Iria Flavia

Museo de Arte Sacra de Santa María do Campo

Museo de Arte Sacra de Vilanova de Lourenzá

Museo de Belas Artes

Museo de Historia Natural 'Luis Iglesias'

Museo de Nosa Señora da Antiga

Museo de Terra Santa

Museo do Humor de Fene

Museo do Mosteiro de San Paio de Antealtares

Museo do Moucho

Museo do Pobo Galego

Palloza Casa do Sesto

Parque Etnográfico do Rio Arnoia

Pazo de Arxeriz