|
Horario: 10-19h (inverno), 11-21h (verán), tódolos días Pago: Tarifa completa, reducida e gratuíta Tipo de acceso: Libre/guiada Prezo: 2 € |
A Casa das Ciencias é un museo de ciencia interactivo e ten a súa sede nun palacete situado no Parque de Santa Margarita. O edificio de planta octogonal ten catro salas dedicadas a exposicións interactivas, e na cúpula encóntrase o planetario.
Na planta baixa destaca o Péndulo de Foucault que oscila libremente no canón da escaleira central. Trátase dunha esfera maciza de latón suspendida dun cable de aceiro; o longo do día a esfera vai derribando periodicamente unha serie de pivotes ó seu redor, experimento que trata de evidencia-la rotación da Terra o redor do seu eixe.
O Planetario: A sala de proxección Galileo é unha cúpula de dez metros de diámetro, dotada de aparellos cos que se poden proxectar tódalas estrelas visibles desde a terra a simple vista, así como a lúa e os planetas. Tamén pode reproduci-la posición dos planetas en calquera data do século.
As salas permanentes e temporais están dedicadas fundamentalmente a explica-lo mundo físico e natural dun xeito interactivo co usuario, así como proxectar sobre a sociedade a labor dos científicos ó longo da historia.
A Casa das Ciencias é un museo de ciencia interactivo integrado na rede de museos científicos coruñeses, que inclúe ademais a Domus ou Casa do Home e o Aquarium Finisterrae. As súas exposicións están integradas fundamentalmente por módulos creados para que o visitante participe, xa sexa poñendo en acción algún mecanismo, ou realizando algunha actividade ou xogo que abordan algún concepto ou principio de ciencia.