|
Horario: luns a venres 17-19 h., previa cita Pago: Tarifa gratuíta Tipo de acceso: Libre Prezo: Gratuíta |
A Colección de Reloxos atópase no Palacio Municipal da Coruña, edificio proxectado polo arquitecto municipal Pedro Mariño no ano 1904. A primeira planta do edificio coñecida como Planta Nobre acolle a Alcaldía, o Salón de Plenos e as coleccións municipais. As coleccións constan de tres conxuntos, a pinacoteca, a colección de marcas prefilatélicas e a que nos ocupa, a colección de Reloxos.
A Colección de Reloxos ten a súa orixe na doazón feita ó Concello da Coruña polo coleccionista Antonio Ríos Mosquera, composta por oitenta e dúas pezas procedentes de Inglaterra, Alemania, Holanda, Francia, e España. A colección foi medrando e hoxe poden verse reloxos que cronoloxicamente abarcan desde o século XVIII ó XX, e de diversos tipos: de mesa, de caixa alta e de caixa pequena. Hai pezas especialmente destacables como o reloxo de Xavier Méndez de Saavedra, cura párroco de Ladrido, e de reloxeiros de sona como Julien Royal, reloxeiro de Luís XV.