MUSEOS DE GALICIA
Forman parte do Sistema Galego de Museos todos os museos e coleccións visitables, de diversas titularidades e tipoloxías, situados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, autorizados pola Consellería de Cultura e Turismo e inscritos no Censo de Museos e Coleccións.
As competencias que ten atribuídas nesta materia a Consellería de Cultura e Turismo exércense principalmente nos museos propios e nos que xestiona de titularidade estatal, pero tamén nos máis de 70 museos e coleccións que se distribúen pola xeografía galega, pertencentes a administracións locais, a fundacións privadas e á igrexa.